SAN VALENTÍN EN BOIRO
- Sortéanse dúas experiencias “Boiro Romántico” para 2 persoas
- Os gañadores poderán configuran a súa medida o premio
- O sorteo terá lugar o 15 de febreiro
A ABE pon en marcha este venres de 3 de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín(14 de marzo) co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.
Nesta ocasión os premios son dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende comer, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo ata un taxi para desprazarse.
Dúas experiencias totalmente configurables ao gusto das parellas premiadas.
Para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre o 3 e o 14 de febreiro e o sorteo realizarase o mércores 15 de febreiro.
Recordar que os tíckets que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos ABE para cambiar por agasallos do catálogo.
Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.